CRTVG

Buscar

A agricultura ecolóxica bateu o seu récord de vendas

Publicado o 25/06/2021 14:17
A agricultura ecolóxica bateu o seu récord de vendas

O ano da pandemia foi o de máis éxito para a agricultura ecolóxica galega. En 2020, o sector bateu o seu récord de vendas, chegando aos 108 millóns de euros de ingresos e subindo un 16 % respecto do 2019. Tamén se incrementaron a superficie cultivada e a produción total.

En só dez anos, a comercialización de produtos ecolóxicos incrementouse nun 120 %. A provincia de Lugo segue a rexistrar o meirande número de operadores, pero Pontevedra é a que inclúe máis proxectos industriais vencellados á agricultura ecolóxica.

Noticias web

25/06/2021