CRTVG

Buscar

A agresión de dous policías a un ancián acende aínda máis os ánimos nos Estados Unidos

Publicado o 05/06/2020 19:03

En Buffalo, no oeste do estado de Nova York, no contexto das protestas antirraciais nos Estados Unidos, dous axentes antidisturbios empurrán un ancián que se achega a falar con eles, polo que cae de costas golpeando a cabeza contra o chan. 

O home, quedou no chan sangrando polos oídos, sen que ningún axentes parase a axudalo. Foi hospitalizado e a súa condición é seria pero estable. As autoridades din que suspenderon de soldo os dous axentes e investiga os feitos. 

Noticias web

05/06/2020