A afluencia de peregrinos anticipa un mes de setembro cos camiños cheos
Con catorce peregrinos en febreiro ou cen en marzo, parecía difícil imaxinar que hoxe se poida falar de cifras coma estas.
"Estamos agora mesmo en 96.000 compostelas entregadas. Se non pechamos agosto en 100.000, será por un día", destaca o vicepresidente primeiro da Xunta.
Segundo Alfonso Rueda setembro tamén se espera que sexa un bo mes para o xacobeo. O reto é seguir crecendo, e para iso o que se busca é impulsar novas infraestruturas, como é o Camiño de Inverno, unha ruta recoñecida oficialmente en 2016 e dende entón cada vez vai gañando máis adeptos.
Para o conselleiro de Cultura, agora o reto é facer que se consolide e para iso foron máis dun millón setecentos mil euros os que a Xunta investiu no proxecto de mellora, sinalización e acondicionamento do Camiño de Inverno.