A afección do Obradoiro volve cantar o Miudiño no Sar
Publicado o 19/05/2021 22:01
O Obradoiro non puido regalarlle unha vitoria ao público que volveu ao pavilón do Sar catorce meses despois e antes de partido volveu soar o miudiño. 1.300 espectadores, entre abonados e patrocinadores, ocuparon as bancadas do pavillón do Sar. Compartindo asento coas figuras de cartón que acompañaron o equipo en ausencia de público.
Os seareiros non gozaron dunha vitoria, pero si da posibilidade de despedir o equipo na casa. O Obra, malia todas as dificultades que trouxo a pandemia, conseguiu seguir un ano máis na elite do baloncesto nacional.