CRTVG

Buscar

A aeroliña Plus Ultra di que acreditará debidamente que precisaba financiamento público

Publicado o 23/07/2021 14:02

A aeroliña Plus Ultra di que acreditará debidamente que precisaba financiamento público e que colaborará coa xustiza. Responde así despois de que a xuíza ordenase frear o préstamo de 34 millóns de euros que lle ía dar o Goberno a próxima semana. Dálle cinco días á compañía para xustificar que cumpre os requisitos para acceder ás axudas.

Previamente, xa recibiu 19 millóns nun préstamo ordinario, e a Avogacía do Estado alerta da posibilidade de perder eses cartos se non se lle inxectan os outros 34 millóns para poder culminar o seu plan de viabilidade.

O Partido Pppular, pola súa parte, pídelle ao Goberno que permita a investigación do rescate de Plus Ultra no Congreso se non ten nada que ocultar.

Noticias web

23/07/2021