CRTVG

Buscar

A Administración galega concéntrase baixo o lema '365 días pola igualdade'

Publicado o 09/03/2019 11:00

O 8-M foi unha xornada de folga feminista, que se notou en sectores como a conserva, o téxtil, a educación, e as universidades. Seguimento masivo, segundo os sindicatos, non tanto, segundo os empresarios e a administración autonómica. 

Tamén se deixou sentir no Parlamento de Galicia, a primeira institución da comunidade. Non tanto pola concentración convocada pola Presidencia da Cámara, senón pola imaxe inédita de dúas comisións que non puideron celebrarse por falta de quórum.

As deputadas de todos os grupos decidiron facer folga ou ben o paro. A súa falta de asistencia ás comisións provocou que todas as iniciativas quedaran aprazadas para unha próxima reunión.

En San Caetano, houbo concentración dos membros da Xunta, encabezados por Alberto Núñez Feijóo, baixo a lenda '365 pola igualdade'. O Goberno galego pide un cambio cultural e de valores que empeza pola repartición dos labores domésticos.

 

 

Noticias web

09/03/2019