CRTVG

Buscar

A adega As Laxas inaugura novas instalacións coa axuda de fondos comunitarios e da Xunta

Publicado o 04/03/2019 15:29

Cada vez son máis os viños galegos que chegan a restaurantes dos cinco continentes. E entre eles están os da adega As Laxas, de Arbo, que acaba de inaugurar unhas instalacións en que investiron un millón de euros. Para esta ampliación contaron con fondos europeos e axudas da Xunta.

Alberto Núñez Feijóo reiterou hoxe o compromiso do seu Goberno co sector primario. Dixo que está seguro de que ten futuro se aposta pola calidade, a innovación e a busca de novos mercados.

Noticias web

04/03/2019