CRTVG

Buscar

A accesibilidade á Administración a través do móbil, un dos obxectivos do plan de recuperación

Publicado o 17/05/2021 21:02

O Goberno anuncia que  antes de que remate o ano que vén os principais servizos da Administración sexan accesibles desde o teléfono móbil. É un dos obxectivos da dixitalización da Administración que recolle o plan de recuperación e que hoxe presentaron os ministros do ramo. Nadia Calviño tamén avanzou que para 2023 a xustiza tamén será accesible de xeito que será posible asistir a xuízos ou prestar declaración telematicamente.

"Poderemos identificarnos, asinar electronicamente, de maneira sinxela, cos nosos dispositivos móbiles; consultar rápida e facilmente o estado dos nosos trámites administrativos, descargar nos nosos móbiles certificados dixitais como certificados de domicilio, de estudos, de titularidade de inmobles ou vehículos para presentalos electronicamente onde sexa necesario e evitar asi os desprazamentos e o uso do papel", di Nadia Calviño, ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Noticias web

17/05/2021