A A-55, que une Vigo con Tui, é a vía con máis accidentes de España
Publicado o 06/03/2019 14:17
Se hai un adxectivo que se repite á hora de definir esta autovía A-55 entre Vigo e Tui é perigoso. Os usuarios coinciden en falar de accidentes constantes nunha vía que ten un límite de velocidade de 60 quilómetros por hora nos tramos máis conflitivos. Nin as reducións de velocidade nin os radares conseguiron acabar cos accidentes: máis de 500 nos últimos dous anos nunha autovía de apenas 30 quilómetros totais.
Esta autovía é un dos principais accesos a Vigo, con colapsos habituais tanto entre semana coma nas fins de semana.