CRTVG

Buscar

A perforadora de Totalén está a 16 metros do tapón que puidera protexer a Julen

Publicado o 20/01/2019 14:45

A lousa e os desprendementos de terra ralentizaron o traballo de perforación do pozo en paralelo ao que tragou a Julen. Pero o operativo non parou durante a noite. Cando estaban avanzando uns cinco metros cada hora a máquina deu cun bloque de lousa. Estaban a uns 30 metros da primeira meta, a dos 71 metros, a do tapón de pedra e terra que podería protexer, por baixo del, o neno. Arestora seguen furando lento e despois de 40 metros perforados están a 16 metros do tapón. O responsable do operativo anulou a rolda de prensa que tiña prevista para esta mañá. Si falaba do bo ánimo do operativo un coordinador de voluntarios acabados de baixar da zona cero.

Juan Arrabal, voluntario, di que arriba levan o ritmo que levan e que non pararán ata que cheguen ao punto. E o que hai que transmitir o ánimo e a forza aos que están alí arriba, que están traballando bastante ben

O que si sabemos, e así o mostran estas imaxes difundidas pola Garda Civil, é que esta gaiola ideada e creada para rescatar a Julen, está xa no monte de Totalán. É unha cápsula metálica desde a que os oito mineiros, en quendas de dous, irán furando a terra para crear unha galería horizontal que os achegue ao lugar onde está o pequeno. A gaiola ten ten un diámetro de 1,05 metros por 2,5 de altura. O guindastre que baixará ata o punto dos 71 metros aos mineiros da Brigada de Salvamento de Hunosa tamén está lista.

 

Noticias web

20/01/2019