Biden nomea a Sung Kim enviado especial para Corea do Norte
Publicado o 22/05/2021 00:42

Sung Kim
O presidente norteamericano, Joe Biden, nomeou enviado especial para Corea do Norte o diplomático Sung Kim e reiterou o seu desexo de explorar unha vía diplomática que permita reducir as tensións co réxime de Pyongyang. Sung Kim é na actualidade subsecretario do Departamento de Estado para Asia Oriental e o Pacífico. Con anterioridade foi embaixador en Indonesia, as Filipinas e Corea do Sur.
Biden aposta nas súas relacións con Corea do Norte por unha vía intermedia entre o "ou todo ou nada" de Trump e a "paciencia estratéxica" de Barack Obama. Biden busca retomar unhas negociacións conxeladas tras o fracaso do cumio de Hanoi de 2019.