CRTVG

Buscar

Máis de 80 mortos tras unha explosión nun hospital para pacientes de covid en Bagdad

Publicado o 25/04/2021 12:28
Máis de 80 mortos tras unha explosión nun hospital para pacientes de covid en Bagdad

Mustafa al-Kazemi, primeiro ministro de Irak

Xa son 82 pacientes de coronavirus os que faleceron esta noite ao estouraren varias bombonas de osíxeno nun hospital de Bagdad, conforme os últimos datos actualizados de vítimas.  Os feridos superan os 110. O Ministerio iraquí de Interior confirma que os ingresados faleceron por asfixia logo de que a deflagración na Unidade de Coidados Intensivos provocara un grande incendio nas instalacións.

O sinistro comezou nas estancia onde estaban os cilindros de osíxeno, "almacenados sen respectar as medidas de seguridade.

Iraq é o país árabe con máis contaxios de coronavirus.Non se desbota que o número de falecidos poida aumentar nas vindeiras horas. O hospital non contaba cun sistema de protección de incendios e os falsos teitos permitiron que as lapas se propagaran a materiais altamente inflamables.

As primeiras pescudas, o incendio puido ser causado por un curtocircuíto ou polo estourido dunhas bombonas de osíxeno en mal estado. Na extinción das lapas participaron máis de vinte dotacións de bombeiros.

O primeiro ministro irquí, Mustafa al Kazemi, ordenou unha investigación inmediata sobre as causas da traxedia. Dende que comezou a pandemia en Iraq faleceron máis de 15 mil persoas pola covid-19.