CRTVG

Buscar

28 mortos no ataque policial a unha favela en Río

Publicado o 08/05/2021 02:47
28 mortos no ataque policial a unha favela en Río

Manifestación contra o masacre nunha favela de Río

Elévase a 28 o número de persoas que faleceron nunha operación policial nunha favela da cidade brasileira de Río de Xaneiro. O dato foi actualizado pola propia Policía Civil de Río, que non deu máis detalles sobre a intervención aínda que aumentan as denuncias de supostas execucións cometidas polos axentes.
Segundo a versión oficial, o operativo despregouse para combater o recrutamento de menores por parte dunha banda de narcotraficantes. Un xuíz da Corte Suprema cualificou de graves as denuncias de abusos. Luiz Edson Fachin asegurou tamén que viu indicios de "execucións arbitrarias" en vídeos que analizou tras o masacre.