CRTVG

Buscar

900 profesores de todo o planeta reúnense en Santiago no "II Congreso Mundial da Educación"

Publicado o 23/02/2019 13:34

Santiago é estes días a capital educativa a nivel mundial. O motivo é a celebración de Educa 2019, un foro de intercambio de experiencias entre profesores e alumnos de todas as etapas educativas onde a innovación xoga un papel fundamental. Os mestres imparten asignaturas en todas as etapas educativas, desde infantil ata a universidade. 800 profesores chegados de puntos tan diversos coma O Brasil, Canadá, os Estados Unidos ou Nicaragura participan estes días en Santiago en Educa 2019, o segundo Congreso Mundial da Educación.
 

Noticias web

23/02/2019