CRTVG

Buscar

881 00 20 21: teléfono para maiores de 80 años que aínda non foran citados para vacinarse

Publicado o 07/04/2021 15:11

O 87 % dos galegos maiores de 80 anos teñen posta a primera dose da vacina, segundo os últimos datos desta mesma mañá. Arredor dun 8 % rexeitou vacinarse no momento en que os chamaron por non poder desprazarse, principalmente pola ausencia dun acompañante. O Sergas volverá contactar con eles para buscar unha solución. E habillitan un teléfono: 881 00 20 21, para todos os maiores de 80 que aínda non foran contactados para vacinarse.

A prioridade é seguir vacinando por orde de idade. De momento non hai data concreta para empezar coa franxa de 65 a 75 anos, pero calculan que será pronto se se cumpren as previsións de chegada de vacinas. Tamén seguirán adiante co certificado de vacinación, malia as críticas do Goberno central.
O conselleiro de Sanidade confirmou ademais que continúan tamén a vacinación con AstraZeneca, como estaba previsto, xa que non recibiron ningunha indicación distinta por parte do Ministerio.

Noticias web

07/04/2021