CRTVG

Buscar

800.000 euros para a restauración da igrexa parroquial de Santa María de Oia

Publicado o 13/02/2021 14:54

A Xunta vai achegar preto de 800.000 euros na reforma da igrexa parroquial de Santa María de Oia, pegada ao mosteiro cisterciense.
O templo está cheo de humidades e de problemas estruturais. O complexo, de gran valor histórico e artístico, comezou a construírse no século XII, aínda que o templo é de estilo barroco e o seu coro do século XVII.
No acto de presentación do proxecto participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o bispo da diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiúza, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Noticias web

13/02/2021