CRTVG

Buscar

80.000 euros en concepto de responsabilidade civil: indemnización á anciá á que atropelou en Lugo

Publicado o 27/04/2021 14:52
80.000 euros en concepto de responsabilidade civil: indemnización á anciá á que atropelou en Lugo

En Lugo, un condutor sen carné aceptou pagar unha indemnización de 80.000 euros á anciá á que atropelou. Os feitos aconteceron en 2016 cando o condutor, que tiña o carné retirado, atropelou unha muller de 84 anos que cruzaba por un paso de peóns na rolda do Carmen.

A anciá saíu despedida máis de oito metros, rompera a pelve e sufriu un dobre traumatismo cranioencefálico e abdominal. Agora o condutor chegou a un acordo coa Fiscalía e pagaralle á vítima 80.000 euros en concepto de responsabilidade civil e sumaranlle ademais dous anos e medio de privación do carné de conducir.

Noticias web

27/04/2021