70 cans conviven masificados no patio dunha vivenda ocupada en Lugo
Esta casa ocupada de Lugo ten unha auténtica canceira no patio, cuns 70 cans masificados nunha pequena parcela. O residente neste domicilio sinala que comezou a recollelos no ano 2013 e que nunca considerou a posibilidade de levalos á Protectora de Animais. Pero agora a Policía Local abriu unha dilixencia para que os cans sexan recollidos co fin de garantir a salubridade e maila habitabilidade da vivenda.
Fernando dos Anjos Nunes Fornas, ten 70 cans na casa que ocupa: "Desde 2013 levo xuntando aquí cans perdidos. Os cans abandonados que atopo agárroos e tráioos para a casa. Aí os teño, que ben se ven. Non teño outro quefacer. Se me quitan os cans, non teño outra cousa que facer. Para pórme a emborrachar, nada, así que me dedico aos animais".
Fronte ás acusacións de que os animais están sen vacinar e sen desparasitar, o seu coidador sostén que si os leva ao veterinario cando é preciso. Por outra banda, asegura que lles dá de comer uns cen quilos de carne, arroz e penso cada día. Di que parte da comida é doada por varios supermercados e que, ademais, recolle o produto sobrante que tiran as carnicerías.
Fernando dos Anjos Nunes Fornas, ten 70 cans na casa que ocupa: "Traio de varios supermercados. Veño na bicicleta por dúas veces e traio dúas bolsas do lixo grandes, unhas cheas de carne e outras de penso para os gatos. Son, polo menos, cen quilos".
Ademais de 70 cans, na vivenda tamén hai unha colonia de gatos.