CRTVG

Buscar

66 detidos e 7 toneladas de haxix comisadas a dous clans do narcotráfico en Andalucía

Publicado o 19/02/2019 17:44

Tras vintenas de rexistros en varias provincias e en varias operacións coordinadas, con centos de axentes, a Garda Civil desmantelou dous dos principais clans do narcotráfico que operaban en Andalucía. Amais de 7 toneladas de haxix comisadas, hai polo menos xa 66 persoas detidas. Duro golpe contra o narcotráfico en Andalucía.

O traballo de 300 axentes de distintos corpos e comandancias da Garda Civil, coordinados nas fases operativas Tardo e Freno, permitiu desmantelar dous dos clans máis importantes que operaban na comunidade. Hai polo menos 66 persoas detidas, 7 toneladas de haxix, armas, cartos, obxectos, vehículos roubados e embarcacións comisadas. Realizáronse vintenas de rexistros que, malia que os principais obxectivos estaban na comarca gaditana do Campo de Xibraltar, estendéronse outras 3 provincias andaluzas.

As operacións desvelaron as conexións delituosas entre organizacións criminais asentadas no Campo de Xibratar con outras situadas no río Guadalquivir e na costa de Huelva. Os axentes desartellaron embarcadoiros que empregaban para botar embarcacións semirríxidas ata o mar coas que se levaban ao cabo os alixos de haxix.

Noticias web

19/02/2019