CRTVG

Buscar

O director de PSA Vigo anuncia a contratación de 600 empregados

Publicado o 21/09/2020 15:18

Novas contratacións para a planta de PSA en Vigo que se materializarán esta fin de semana e tamén a principios do mes de outubro. Así o anunciou o seu director tras a visita que realizaron este luns á factoría Francisco Conde e a nova conselleira de Emprego e Igualdade.

Corenta novas contratacións para o seu taller de baterías que comezou a andar o ano pasado e que contará con 160 traballadores en total. Dende aquí saen 300 unidades diarias para os vehículos eléctricos que o Grupo PSA fabrica en España.

A factoría de Vigo segue mantendo a súa carga máxima de traballo coa fabricación de 2.300 coches diarios. A propia dirección augura un volume de produción superior ao do ano pasado.

Noticias web

21/09/2020