CRTVG

Buscar

600 detidos e dez policías feridos durante as protestas non autorizadas contra as restricións en Berlín

Publicado o 02/08/2021 08:38
600 detidos e dez policías feridos durante as protestas non autorizadas contra as restricións en Berlín

En Berlín, 600 persoas foron detidas e 10 policías quedaron feridos durante as protestas non autorizadas contra as restricións para frear a pandemia.

As manifstacións producíronse de xeito espontáneo dende o mediodía e durante a tarde en diversos puntos da cidade. Participaron varios miles de persoas, segundo o voceiro da policía berlinesa. Na súa comparecencia, relatou que os manifestantes intentaron romper cordóns policíais e illar os axentes, polo que a policía empregou gases lacrimóxenos e porras. Foron despregados máis de 2.200 axentes na capital alemá para disolver as concentracións non autorizadas.

Noticias web

02/08/2021