CRTVG

Buscar

6.000 cepas de albariño buscan madriñas e padriños

Publicado o 24/07/2020 21:27

Sabían que xa se pode apadriñar e amadriñar unha cepa de albariño? Preséntovos ás 6.000 futuras afilladas. Medran felices na antiga horta do pazo La Moreira, da adega Marqués de Vizhoja, en Arbo. Aquí estarán ata que o ano próximo lles toque volver á terra para seguir desenvolvéndose e que cheguen a agromar os acios de uva coa que se elabora o albariño Torre La Moreira. As madriñas e os padriños que se apunten a esta iniciativa daranlles o seu nome, poderán vir plantalas e visitalas despois, seguir o seu crecemento e vicisitudes a través da Rede e, claro, abrir as botellas do seu propio viño.
 

Noticias web

24/07/2020