6.000 bombeiros loitan contra un dos peores incendios da historia de California
Publicado o 13/08/2021 14:59
Tamén ten nome a desolación nos Estados Unidos: o incendio que leva máis dun mes ardendo sen control en California chámase Dixie.
Máis de 6.000 bombeiros loitan contra o incendio máis devastador da historia nese estado. As altas temperaturas, a seca e os fortes refachos de vento fan imposible o traballo. Calcúlase que máis de 200.000 hectáreas quedaron calcinadas.