CRTVG

Buscar

57 propostas de sanción, 12 delas por reunións entre non conviventes en Vigo

Publicado o 21/02/2021 23:20

Precisamente para evitar gromos e un novo ascenso das cifras, as administracións fan un chamamento á responsabilidade individual e a non relaxar as medidas. Algo que non sempre se cumpre.

Só na cidade Vigo este sábado a Policía Local tramitou un total de 57 propostas de sanción, das cales 32 son denuncias a persoas por xuntarse con non conviventes en domicilios particulares. Situacións en que se require a presenza dos axentes tras seren alertados polos propios veciños, sobre todo durante as fins de semana.

Nesa vixilancia por garantir o cumprimento da normativa sanitaria, tamén nas últimas 24 horas, hai que salientar 16 propostas de sanción por non usar a máscara e 9 por saltar o toque de queda. 

Por iso dende aquí, dende a propia Policía Local e dende o propio Concello, fan un chamamento a non relaxar as medidas, sobre todo agora que as cifras comezan a dar un respiro tras semanas moi duras en hospitais.

Noticias web

21/02/2021