57 pemes do sector do mar renovarán as súas instalacións con axuda da Xunta
Publicado o 09/08/2021 15:12
A Xunta de Galicia concede axudas ás pemes dedicadas á transformación dos produtos do mar. En total son 57 empresas as beneficiarias. Van poder modernizar as súas instalacións cunha axuda que cobre o 50 % do investimento.
Unha delas é Conservas de Cambados. A conselleira do Mar visitaba hoxe esta empresa. Rosa Quintana destacou que con este programa van mobilizarse máis de 45 millóns de euros.