560.000 euros en axudas para as salas de concertos galegas
Publicado o 12/04/2021 14:09

28 salas de música galegas poderán organizar máis de 400 concertos grazas ás axudas promovidas pola Xunta de Galicia. A Administración galega vai destinar 560.000 euros para axudar a estes espazos a organizar actucións en directo.
A convocatoria, integrada no Xacobeo 2021, quere así contribuír á recuperación do sector e aliviar os efectos do peche durante a pandemia.