CRTVG

Buscar

500 rapaces de entre 15 e 24 anos realizan a proba PCR na Illa de Arousa

Publicado o 26/12/2020 14:46

En realidade este sábado farán unha PCR ao 10% dos veciños da Illa de Arousa porque a poboación á que se dirixe este cribado é de 500 persoas e na Illa están empadroadoas 4.958. O equipo que realizou as probas está tutelado polo CHOP, o Complexo Hospitalario de Pontevedra. Estamos no centro de saúde, na Casa do Mar.

Idades de entre 15 e 24 anos en dúas quendas que ocuparán todo o día de hoxe. Os rapaces inscribíronse na páxina web da Policía Local en cordinación co Sergas.

O martes e mércores o Sergas fará este cribado tamén entre a poboación nova do Grove.

Noticias web

26/12/2020