CRTVG

Buscar

500 detidos en Belarús nas protestas contra o presidente Lukashenko

Publicado o 15/11/2020 19:38

A policía detivo máis de 550 persoas en Belorús nunha nova xornada de protestas contra o presidente Lukashenko que se mantén no poder desde hai 26 anos. Nas últimas eleccións denunciadas pola oposición por fraudulentas resultou gañador para un novo mandato con máis do 80 por cento dos votos.

Coma todos os domingos desde o 9 de agosto, data dos comicios, milleiros de persoas saen ás rúas en todo o país para esixir a dimisión do mandatario beloruso.

Os antidisturbios dispersaron os congregados en Misnk e outras cidades con granadas aturdidoras e houbo feridos. Os internautas denuncian tamén problemas para conectarse a Internet, algo habitual nas xornadas de protesta no país.



 

Noticias web

15/11/2020