CRTVG

Buscar

500 alumnos demostran a súa habilidade musical en Santiago

Publicado o 30/04/2019 19:04

A rapazada do instituto coruñés de Zalaeta inauguraba con esta peza xaponesa o Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia. A xornada organízaa un grupo de docentes entusiastas, pertencentes á Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia, ASOMUSICA. Hai concertos de todo tipo en que demostran que mesmo con caldeiros de lixo e aletas de submarinismo se pode facer música.

No encontro participan 15 centros públicos de toda Galicia. Son uns 500 adolescentes que unhas veces son alumnos nos obradoiros musicais que se realizan, outras público e outras músicos sobre o escenario que mesmo se atreven a versionar Bohemian Rhapsody de Queen.
 

Noticias web

30/04/2019