CRTVG

Buscar

50 autores e autoras participan na Feira do Libro de Vigo

Publicado o 25/06/2020 20:27

Durante o confinamento, a lectura encheu de vida moitas persoas.

Cando as librarías volveron houbo reencontros emocionantes. A Feira do Libro de Vigo é unha sorte de milagre envolto en medidas de seguridade ao que se sumaron seis librarías e dúas institucións.

A corentena cadrou co lanzamento da primeira novela da escritora Elba Pedrosa. A xustiza poética situouna, agora, estreando estas sinaturas atípicas pero de verdade, cunha peza fundamental da literatura galega do século XX, e ademais, pregoeira desta edición, María Xosé Queizán.

Con elas, uns cincuenta autores e autoras sentarán nesta caseta de firmas da rúa do Príncipe.

Noticias web

25/06/2020