CRTVG

Buscar

5.600 persoas están convocadas entre o luns e o martes a cribados en Betanzos e Cambados

Publicado o 09/05/2021 18:47

Betanzos está no nivel medio de restricións, con 24 casos activos, 17 deles detectados na última semana. Mañá comeza alí un cribado para 4.400 veciños de 20 a 48 anos.

Ademais de en Betanzos, entre o luns e o martes vaise facer un cribado en Cambados para 1.200 veciños. Son a continuidade a unha fin de semana con 11.000 convocados a probas masivas, como as da Laracha, que subiu o venres ao nivel alto de restricións e acaba de rematar un peneirado de dous días ao que foron chamadas case 5.000 persoas.

En Ames tamén se estivo toda a fin de semana á busca de asintomáticos. Chamaron 2.600 residentes no Milladoiro, de entre 40 e 50 anos. Coma no caso da Laracha, montárono á vista do aumento de casos detectado alí nos últimos días.

Tamén se fixeron cribados grandes esta fin de semana no barrio da Ponte de Ourense, en Chantada e entre varios colectivos de Ribeira.