CRTVG

Buscar

47 residentes e 21 traballadoras dunha residencia en Chandrexa de Queixa dan negativo nas probas da covid-19

Publicado o 26/10/2020 21:12

47 residentes e 21 traballadoras. Todos eles deron negativo nas probas do coronavirus que realizaron no centro de maiores de Chandrexa de Queixa o venres pasado. Din que reciben a noticia con moita ilusión, con alivio, e, sobre todo, cunha especie de ledicia contida, aseguran, sabendo e coñecendo como coñecen a situación en que están outras residencias en Galicia.

Deste xeito anunciaba Romina, a directora da residencia de Chandrexa, o resultado das probas da covid-19. O positivo dunha das traballadoras deu a voz de alarma e fíxoselles inmediatamente un cribado aos 47 residentes e ao resto do persoal. As noticias non podían ser mellores: todos deron negativo.

De momento, por precaución, tras coñecer os resultados van quedar cinco días illados nos seus cuartos. Despois xa poderán recuperar a súa vida normal.


E por iso esta pequena victoria reloce algo máis do habitual e eso din, haberá que celebralo.

Noticias web

26/10/2020