CRTVG

Buscar

47 mortos na República Dominicana por bebidas adulteradas

Publicado o 10/04/2021 23:35
47 mortos na República Dominicana por bebidas adulteradas

O consumo de bebidas alcólicas adulteradas con metanol causou a morte de 47 persoas na República Dominicana. Así o acaba de revelar un informe do Ministerio de Saúde Pública. Doce dos falecidos eran mulleres e 35 varóns. As autoridades da illa seguen na busca ativa de casos, realizando inspeccións e pechando locais onde se elaboren ou comercialicen estes produtos envelenados. Sanidade exhortou a poboación para que se absteña de consumir este tipo de bebidas e todas as que carezan do rexistro sanitario expedido polo Ministerio de Saúde.