CRTVG

Buscar

46 concellos galegos non teñen casos de covid, a maioría, en Ourense

Publicado o 29/08/2021 14:33

46 concellos galegos están hoxe libres de coronavirus. A provincia de Ourense é, con diferenza, a que máis municipios ten con cero casos de covid 19 activos. Segundo os últimos datos do Sergas, a día de hoxe hai 31 concellos ourensáns sen novos contaxios diagnosticados, Carballeda de Valdeorras e Leiro entre eles.

O almorzo deste último domingo de agosto é máis relaxado en Leiro sabendo que non teñen, hoxe, ningún veciño contaxiado.

Con só 1.600 habitantes, en Leiro chegaron a ter, cun gromo importante na residencia de maiores, 80 casos no concello. Nesta quinta vaga puideron estar moito máis tranquilos.

A prudencia, a sorte e a pouca poboación son as causas que apuntan.

En Carballeda de Avia tamén poden dicir con ledicia... Na hora do vermú e indo coller o pan é do que se falaba este domingo.

E no que concordan todos, en non confiarse para poder seguir así.
En Galicia hai hoxe 46 concellos sen novos casos diagnosticados, o 70 por cento deles están na provincia de Ourense.

Noticias web

29/08/2021