CRTVG

Buscar

As farmacias galegas venden máis de 43.600 tests na primeira semana sen receita

Publicado o 04/08/2021 15:24

O ritmo de vendas dos tests de antíxenos vaise estabilizando. Desde o 20 de xullo, cando se aprobou a súa venda sen receita, as farmacias fixeron fronte a moitos pedidos e na primeira semana chegaron a vender en toda Galicia 43.627, segundo os farmacéuticos este ritmo vaise freando.

Segundo o estudo da consultora IQVIA, coas mesmas vendas da primeira semana esgotaríase o stock. En España despacháronse máis de 386.000 unidades, o 61,7 % das vendas do que vai de ano. Por comunidades, Galicia foi a terceira que máis vendeu, detrás de Cataluña e Madrid. As farmacias que se aprovisionaron ben non teñen, polo de agora, problemas de stock.

Ademais dos de autodiagnóstico, tamén notan moita demanda dos tests que realizan eles mesmos e co que expiden, en caso de ser negativos, o certificado covid.

Noticias web

04/08/2021