CRTVG

Buscar

Corenta e un falecidos e varios feridos por un incendio nun hospital de Iraq

Publicado o 13/07/2021 08:28


Polo menos 41 persoas morreron e varias foron feridas por un incendio nun hospital ao sur de Iraq. Os bomberos deron apagado o lume que se orixinou pola explosión dunha bombona de osíxeno. O hospital estaba destinado a illar a enfermos da covid−19. A indignación popular estendenuse por todo o país, pois xa é o segundo caso que se produce en poucas semanas. En abril outro incendio causou a morte de 80 persoas.

Noticias web

13/07/2021