CRTVG

Buscar

400 persoas desaloxadas de festas ilegais en Barcelona

Publicado o 18/04/2021 20:41

Foi unha noite, a do sábado, de moito traballo para os axentes da Garda Urbana de Barcelona desmantelando festas e reunións en prazas, paseos, xardíns e algún bar musical.

Esta que ven corresponde á celebrada nunha masía. Os Mossos d'Esquadra identificaron e denunciaron as 105 persoas reunidas na casa, e ademais detiveron dúas persoas por tráfico de drogas.

Algo semellante sucedeu o sábado en Vigo nun local. A policía denunciou 20 persoas por incumpriren as medidas anticovid e arrestou un home por tráfico de drogas.

E estas imaxes son de Fuerteventura. 84 turistas celebraban unha festa nunha vivenda vacacional. Os veciños avisaron a Garda Civil porque se escoitaban berros e a música estaba moi alta. Os gardas denunciáronos a todos por non respectaren as normas sanitarias, xa que ademais de non levaren máscara compartían bebidas do mesmo vaso.

Tamén houbo desaloxos neste piso turístico de Zaragoza e noutras vivendas e locais de Sevilla, Avilés, Pamplona ou Eivisa.

Noticias web

18/04/2021