CRTVG

Buscar

40 anos do 23-F: o golpe de estado frustrado que consolidou a demoracia

Publicado o 23/02/2021 15:15

O 23 de febreiro de 1981, ás 6.23 da tarde, o Congreso vota a investidura de Leopoldo Calvo-Sotelo para substituír o dimitido Adolfo Suárez, cando sucede isto.

Uns 200 militares, ao mando de tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, toman a sede da soberanía popular. O vicepresidente primeiro do Goberno, Manuel Gutiérrez Mellado, que lles planta cara, é zarandeado mentres varias ráfagas de subfusís impactan na cúpula do hemiciclo.

Entre as testemuñas había varios deputados galegos.

Nona Inés Vilariño, deputada de UCD durante o 23-F: "O medo deulle paso á tristeza, frustración e vergoña".

En Valencia, o tenente xeneral Milans del Bosch, único alto mando militar de quen Tejero aceptaba ordes, sublévase e desprega 2.000 soldados e 50 carros de combate.

Milans del Bosch e Tejero canalizaban o malestar existente nalgúns sectores do Exército polo cambio político emprendido tras a morte de Franco. Trataban de instaurar unha ditadura militar, mentres o xeneral Armada, próximo ao rei Xoán Carlos, propuña un goberno de concentración.

É a intervención por radio e televisión de Xoán Carlos primeiro, á unha e cuarto da mañá, con uniforme de capitán xeral dos exércitos, a que lle pon fin ao golpe de estado co chamamento a manter a orde constitucional.

Un ano despois, un tribunal militar condenou a Milans, Tejero e Armada a trinta anos de cárcere por conspiración para a rebelión.

Noticias web

23/02/2021