CRTVG

Buscar

4.300 veciños citados a un cribado poboacional en Oleiros, para evitar que se propague o virus

Publicado o 15/05/2021 13:59

Desenvolverase ao longo de toda a fin de semana no centro de saúde de Santa Cruz. Están citados arredor de 4.300 veciños de entre 20 e 49 anos, todos adscritos a este centro.

A día de hoxe, atendendo aos datos do Sergas, Oleiros ten 62 casos activos da covid-19, 32 deles diagnosticados na última semana. Cunha poboación de algo máis de 36.500 residentes, supón unha incidencia acumulada de preto de 170 contaxios por cen mil habitantes en catorce días.

Todos, pero en especial bares e restaurantes, esperan saír o antes posible do nivel alto de restricións, que chegou nun momento en que a chuvia pon moi difícil facer negocio só coas terrazas.

Noticias web

15/05/2021