CRTVG

Buscar

38 treitos de estradas galegas considéranse de especial risco

Publicado o 08/07/2021 16:04

A provincia de Pontevedra concentra a maioría dos tramos dos viais con maior perigosidade en Galicia. A Nacional 551 ao se paso por Tui e o a Nacional 120 na Cañiza entran a formar parte da listaxe dos cen tramos máis perigosos de España.

Ademais do factor humano os responsables do informe sobre as estradas con maior risco salientan o estado dos viais como unha das principais causas dos sinistros graves ou mortais.

Segue encabezando o ranking a A-55 ao seu paso polo concello de Mos que contabiliza o maior número de sinistros de toda a rede viaria estatal.

De Galicia é a provincia de Pontevedra é a que máis incrementa os puntos negros nas súas estradas que pasa dos dous do último informe aos dez actuais.

Noticias web

08/07/2021