CRTVG

Buscar

32 casos activos e un ingreso na UCI na área sanitaria de Vigo

Publicado o 25/07/2020 15:15

A área sanitaria de Viga rexistrou un caso máis nas últimas 24 horas, o que deixa o saldo de contaxiados de coronavirus en 32 persoas. O brote de Porriño, con tres enfermos da COVID, está vencellado aos outros tres casos de Baiona e Vigo. A orixe do brote está, de novo, nunha celebración familiar.

Desde este centro de saúde de Porriño coordinan na comarca o plan estratéxico de Atención primaria fronte ao coronavirus. Saben que seis persoas están infectadas e coñecen a súa procedencia e queda descartado un contaxio comunitario. A consellería de Sanidade informou ao concello da orixe do brote e da situación Lourdes Moure. Segunda tenente alcalde do concello de Porriño.

Mentres se continúan facendo probas PCR o brote desta comarca mantén seis infectados todos illados nos seus domicilios despois de que onte o único ingresado no Álvaro Cunqueiro fora dado de alta. Están repartidos tres en Vigo e Baiona e outros tres na parroquia porriñesa de Pontellas.

Porque de novo o brote xurdiu dunha persoan nova despois dunha celebración familiar en Baiona. Incluíndo o brote de Porriño área sanitaria de Vigo rexistra 32 contaxiados de coronavirus, un máis ca onte. Deles un permanece hospitalizado e outro tivoque ser ingresado na UCI nas últimas horas.

Noticias web

25/07/2020