300 participantes na xornada de reforestación no monte Xiabre organizada polo festival Portamérica
Publicado o 20/01/2019 14:51
Árbores a cambio de entradas. É o agasallo do Festival Portamérica para os asistentes da pasada edición e para os veciños de Saiar, en Caldas de Reis. Todos estiveron convidados a unha xornada de reforestación.
Logo de pisar escenarios diversos, cambialos polos montes non lle sorprende ao músico Óscar Durán. Pero si que era a primeira vez que o baixista de Eladio y los Seres Queridos cambiaba a guitarra polo sacho.
300 hectáreas desta comunidade e 1.000 no Xiabre arderon nos incendios de 2017. Hogano, a zona se está rexenerando de maneira natural con piñeiros e desde hoxe, con 2.500 novos pés de frondosas como barreiras contra o lume.