CRTVG

Buscar

300 cabras rozan os montes de Carballeda de Avia contra os incendios

Publicado o 11/03/2021 14:07

300 cabras rozan estes montes de Carballeda de Avia, cada unha delas chega a consumir ao día máis de quilo e medio de masa forestal, un traballo moi eficaz para previr incendios forestais como os que xa teñen arrasado este municipio ourensán.

Á fronte de todo ese rabaño está Roberto Carlos Romero, que deixou Salamanca e a hostalaría para dedicarse por completo ao seu soño, a gandería.

Agarimo e bo facer que lle pon sempre, máis nestes tempos de parideiras.

E mentres el atende os cabritos que logo vende, cabras e castróns fan un traballo no monte polo medio ambiente.

Así, os montes de Carballeda de Avia calcinados nos devastadores incendios de 2017 están hoxe limpos. O seu rabaño rozará tamén a aldea modelo de Muimenta.

Pide facilidades para que amantes da gandería extensiva, sostible, revivan o rural.

Noticias web

11/03/2021