CRTVG

Buscar

Trinta mortos e máis de vinte feridos nun atentado con camión bomba en Afganistán

Publicado o 29/11/2020 12:17

Polo menos trinta persoas morreron e outras 23 quedaron feridas este domingo nun atentado suicida cun camión bomba nas proximidades dunha base da Policía afgá en Ghazni, unha provincia do sur do país.

O suicida fixo estourar as bombas que levaba no vehículo ante a base policial. Ningún grupo proclamou a autoría da acción terrorista, que se produce tan só un día despois de afirmaren os talibáns que chegaran un acordo co Goberno sobre as normas das negociacións de paz en Afganistán.



 

Noticias web

29/11/2020