CRTVG

Buscar

30 coches anegados nun garaxe en Chantada polas intensas chuvieiras do sábado

Publicado o 21/02/2021 14:47

 En Chantada, un garaxe comunitario situado na avenida de Monforte quedou anegado de auga debido a un desprendemento de terra na parede que dá a un predio anexo ao propio edificio.

Entre os danos materiais, estímase que hai uns trinta vehículos moi afectados, xa que a enchente de auga chegou a cubrir ata metro e medio de altura dentro do garaxe.

O suceso produciuse sobre as dez da mañá e, dende aquela, os bombeiros están traballando arreo para conseguir achicala.

Noticias web

21/02/2021