CRTVG

Buscar

30 anos da operación Nécora, o primeiro gran golpe contra o narcotráfico galego

Publicado o 12/06/2020 14:02

O 12 de xuño de 1990 máis de 300 axentes entraron en Vilagarcía, no marco dunha macrooperación, sen precedentes, contra o narcotráfico galego, comandada polo xuíz Baltasar Garzón. Era a operación Nécora.

51 persoas foron detitas, entre elas Laureano Oubiña e a súa muller, Esther Lago, propietarios do simbólizo pazo de Baión. E capos dunha das redes familiares de distribución de haxix e cocaína máis activas da Arousa.

Foi a información de dous traficantes arrepentidos, Ricardo Portabales e Manuel Fernández Padín, a que desencadeou a redada e as detencións.

Non houbo incautacións de droga, pero algúns dos imputados acabaron no cárcere. Outros quedaron en liberdade, como Oubiña, que foi procesado por evasión fiscal e absolto do delito de narcotráfico.

Pero o macroxuízo da operación nécora foi o principio de moitas outras causas contra nomes como Sito Miñanco, os propios Oubiña Lago, os Charlíns ou os Cordero, que pronto acabaron no cárcere ao caeren noutras redadas.

Foi tamén unha vitoria paras as asociacións antidroga de galicia, e marcou un novo tempo na loita policial e xudicial contra o narcotráfico.

 

Noticias web

12/06/2020