CRTVG

Buscar

A serie '3 Camiños', coproducida pola TVG, permite gozar do Camiño de Santiago desde a casa

Publicado o 19/01/2021 21:48

A Cidade da Cultura acolleu este martes a preestrea de '3 Camiños', obra que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou como mostra do "talento" do audiovisual galego e que definiu como "unha das tarxetas de presentación" da Galicia actual.   

O acto contou coa presenza de representantes das comunidades autónomas que acolleron a rodaxe da peza, que poderá verse a partir do venres en Prime Vídeo; ademais de Mamen Quintas, produtora executiva da serie, Ricardo Carboeiro de Amazon España e o propio Feijóo.  

A serie, producida por Ficción Producións xunto á TVG e a Xunta de Galicia, así como as empresas portuguesas RTP e Cinemate, e a alemá Beta Filme, entre outras, está protagonizada por Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigk, Andrea Bosca, Alberto Jo Le e Cecilia Suárez.

Esta peza enfócase nas vivencias de cinco novos percorren o Camiño de Santiago tres veces en diferentes anos da súa vida: 2000, 2006 e 2021. Cada un das viaxes céntrase na evolución dos protagonistas co paso do tempo e do seu vínculo e experiencia durante a peregrinación.  

Feijóo destacou o "investimento" do Goberno galego neste proxecto que xerou alianzas con diferentes entidades e compañías de España, Alemaña, Italia, Portugal, Corea do Sur e México. 

O presidente da Xunta citou que esta ficción se suma xa a obras como 'O que arde', 'O sabor das margaridas' ou 'El desorden que dejas', como unha evidencia máis que acredita o bo facer e o "talento" do audiovisual feito en Galicia.  

Noticias web

19/01/2021