CRTVG

Buscar

28 traballadores falecidos en accidente laboral en Galicia no que vai de ano

Publicado o 10/08/2020 20:00

28 traballadores faleceron en Galicia por accidente laboral no primeiro semestre de 2020. Pontevedra rexistrou 11 falecidos, por 10 da Coruña e 7 de Lugo.

É só unha morte menos que no mesmo período de 2019. Os sindicatos alertan desta alta sinistralidade, sobre todo no sector agrario, tendo en conta que a pandemia mantivo sen actividade unha boa parte dos sectores económicos. E apuntan tamén que non se notifican como enfermidade laboral a maioría dos falecementos de sanitarios pola covid-19.

Noticias web

10/08/2020