CRTVG

Buscar

Polo menos 27 mortos no Perú ao caer un autobús por un precipicio nos Andes

Publicado o 19/06/2021 09:18
Polo menos 27 mortos no Perú ao caer un autobús por un precipicio nos Andes
EFE

O accidente ocorreu arredor da 04.00 hora local (09.00 GMT) na estrada que une os municipios de Nasca e Puquio, nun sector montañoso e de xeografía accidentada pertencente ao distrito de Leoncio Prado, da rexión de Ayacucho no sur dos Andes. 

As vítimas da caída elevánse a 27 falecidos e 13 feridos, segundo informou nun comunicado a empresa mineira Hochschild, para a que traballaban todos os viaxeiros do vehículo accidentado.

De acordo ás primeiras versións do accidente, o vehículo da empresa de transportes Palomino trasladaba un grupo duns 50 traballadores dunha empresa mineira cando se foi fóra da estrada por razóns aínda indeterminadas e deu varias voltas de campá ao longo dunha pendente pronunciada de máis de 200 metros. Durante a súa caída deixou varias persoas esparexidas pola empinada ladeira, cuxos corpos non foron recollidos ata que lograron chegar ao lugar os bombeiros.