CRTVG

Buscar

Vinte e seis testemuñas declararon ata o momento en relación co crime de Samuel

Publicado o 14/07/2021 16:45

O delegado do Goberno en Galicia José Miñones explicou este mércores que a investigación do crime de Samuel suma xa 26 declaracións de testesmuñas.

Miñones espera que "nas próximas horas", a través do envorcado de imaxes das cámaras e especialmente de teléfonos móbiles, "se acheguen novas probas" e se peche a investigación "da mellor maneira".

Preguntado por se se efectuaron rexistros en domicilios, Miñones reiterou que o caso segue baixo segredo de sumario, e por esa razón non puido "entrar en detalles". "Non se descarta a detención de novas persoas", asegurou.

A Fiscalía recorreu este mércores ante a Audiencia Provincial da Coruña contra o levantamento do segredo de sumario que o Xulgado de Instrución número 8 da Coruña decretou sobre a investigación.

Ademais, a xuíza citou para este venres os investigados por este crime para decidir se ratifica as medidas cautelares. Deles tres permanecen en prisión e dous nun centro de menores, mentres que unha moza está en liberdade co obrigatoriedade de acudir ao xulgado regularmente.

A Televisión de Galciai falou cun dos avogados dos investigados que di que é preciso, unha vez que remate a investigación e se levante o segredo de sumario, examinar todos os elementos para determinar e concretar o grao de participación que tivo cada un dos que interveu na malleira mortal.

Por outra banda, outro dos avogados co que confirmou que ningún dos investigados admitira que arremetera contra o corpo de Samuel.

Noticias web

14/07/2021